Portes grátis para Portugal (excepto envios à cobrança)
  • Heloísa

Heloísa

12,00 €  
IVA incluído

Chus Pato

Heloísa, entón, finxe ser tragada por referencias mitolóxicas, permite que os falsos augures e as alfaias certas do simbólico se acomoden baixo a súa lingua. E alí sitúa a voz. A esmeralda, logo. Con dificultade contén o riso polas cóxegas que lle fan, que aos poetas sempre lles produciron, os formularios da Tradición Unánime a cen pesos, igual que a primavera. Lentamente recorda e viste nomes bíblicos, actúa en escena emprestada co único fin de apuñalar ese deus cara de rato, tamén oculto en máscaras e cerimonia antiga. Sedúceo Heloísa; poema a poema quéimalles aos querubíns o traxe de aparecer. Desafía as ridículas cousas ergueitas do patriarcado cabalístico ou hiperbóreo, gaña o dereito a escoller o seu propio nome. Que non é, xa non, o nome do Pai. Que cando tira ao chan a carauta asasina do Heroe —o que baixara ao mesmo inferno para levar flores á súa Musa amordazada— María Xesús Pato nos avisa: venceuno coas súas armas, mais o verdadeiro Hades é ben outro.

Xabier Cordal

idioma: galego
encadernação: brochura
formato: 12 x 16cm
páginas: 52
ano de edição: 2019

×